Coincidindo coas negociacións internacionais de cambio climático que se celebran en Bonn do 1 ao 12 de xuño, activistas de Amigos da Terra realizamos unha acción en Madrid para mostrar a gran diferenza de emisións de CO2 por persoa que existe a día de hoxe entre países.
Con carteis que mostran as emisións por persoa e ano de cada país denunciamos que España está a emitir o dobre que o media mundial. Isto é unhas seis veces máis que unha persoa en India e case o dobre que en China. Ademais se temos en conta as emisións acumuladas desde fai 150 anos as diferenzas son aínda maiores.
Desde que comezou a Revolución Industrial e a queima masiva de combustibles fósiles para construír as nosas sociedades, os países enriquecidos liberamos á atmosfera o 80% das emisións de CO2 que causaron o cambio climático.
Desde Amigos da Terra apoiamos un futuro acordo internacional que substitúa ao Protocolo de Quioto, que previsiblemente se asinará en Copenhague o próximo mes de decembro, que distribúa os esforzos para reducir as emisións baseándose na contribución histórica de cada país ao cambio climático, e na súa capacidade para mitigar as causas dos impactos e adaptarse aos efectos.
Precisamos un acordo baseado na xustiza climática, que faga responsabilizarse aos estados da redución das súas emisións e que contribúa a que en 2050 cada persoa no mundo poida emitir de forma equitativa e dentro dos límites ecolóxicos que a Terra é capaz de absorber, 2 tóneladas de CO2 por persoa e ano.
Por iso reclamamos ao goberno español que se responsabilice e actúe xa. Precisamos unha lei do clima que nos obrigue a reducir as emisións ano a ano. Só así asegurarémonos de que non sexa demasiado tarde para actuar.
Asina aquí a túa petición ao presidente pedindo unha lei de reducións anuais.
Para ver máis fotos da acción preme aquí.
(Fotografía de Edu Ortega - Imaxe en acción)
Os presentamos el clip realizado por el grupo belga de Amigos de la Tierra en el mes de Agosto en la playa de Oostende. Más de 6000 personas se reunieron de forma voluntaria para participar en el rodaje del video de apoyo a la campaña The Big Ask (SOS Clima en España), además del apoyo de muchos y muchas profesionales del sector cinematográfico incluyendo a Nic Balthazar, que prestaron su trabajo y su tiempo de manera gratuita. La música utilizada en el clip ha sido aportada por Hooverphonic.
El lanzamiento coincide con un éxito importante de la campaña The Big Ask en Europa. El Reino Unido ya tiene su ley de cambio climático, siendo el primer país del mundo que se compromete de forma vinculante a reducir anualmente sus emisiones de gases de efecto invernadero.
España es el estado más alejado de cumplir el Protocolo de Kyoto, y sus emisiones van en aumento. Necesitamos una ley de cambio climático que obligue a reducir anualmente las emisiones si no queremos llegar a aumentar la temperatura del planeta en más de 2ºC. Según los informes científicos tenemos entre 4 y 10 años para actuar. Necesitamos que los gobiernos se responsabilicen año a año de manera que se cumplan los compromisos y no se posterguen a las siguientes legislaturas. No podemos esperar hasta que ya sea demasiado tarde para actuar.