O cambio climático ameaza a practicamente todas as economías e ecosistemas do planeta. Pero claramente serán as persoas máis pobres (do Norte e do Sur) quen terán maiores dificultades para adaptarse.
Na procura de solucións ao cambio climático, os países industrializados deben asumir a responsabilidade de ter provocado a alteración do clima global, e ao mesmo tempo prestar a axuda necesaria e suficiente aos países máis empobrecidos atendendo ás diferentes capacidades.
En concreto, as emisións nos países do Norte teñen que empezar a reducirse en moi poucos anos, cedendo o espazo ambiental aos países empobrecidos, e entrar nunha senda de redución continua de emisións.
Para non superar a barreira dos 2ºC debemos reducir as emisións globais un 85% antes de 2050, empezando desde xa, e sabendo que o que realmente conta é a concentración final de gases de efecto invernadoiro. No futuro acordo internacional que substitúa ao protocolo de Kioto, a repartición dos esforzos para reducir as emisións deberá estar baseado na contribución histórica ao cambio climático e na capacidade para facerlle fronte, sexa para mitigar as súas causas ou para adaptarse aos seus efectos; necesitamos un acordo ?climáticamente xusto?.
Cada país debe contribuír para que en 2050 cada persoa no mundo poida emitir o mesmo e dentro dos límites ecolóxicos do planeta, é dicir, 2 toneladas de CO2 per cápita ao ano.
Durante o cume de cambio climático en Copenhague en decembro, os líderes mundiais poderían tomar decisións que afecten o futuro do noso planeta. Terán a oportunidade histórica de comprometerse a realizar accións para axudar a protexernos das desastrosas consecuencias do perigoso cambio climático. Asina a petición de Amigos da Terra Internacional, para pedirlles que se comprometan polo noso clima e pola xente de todo o mundo.
Xa rematou o concurso fotográfico S.O.S. Clima e xa temos fotos gañadoras. O premio á mellor fotografía foi concedido a Javier Arcenillas pola foto “Agricultor regando” na que se retrata os impactos do cambio climático sobre a agricultura, e o premio ao impacto máis relevante foi concedido a José Antonio Heras Alonso pola foto “Lagoa [...]
Leer más
Os presentamos el clip realizado por el grupo belga de Amigos de la Tierra en el mes de Agosto en la playa de Oostende. Más de 6000 personas se reunieron de forma voluntaria para participar en el rodaje del video de apoyo a la campaña The Big Ask (SOS Clima en España), además del apoyo [...]